Mantovani, Alfredo

Impro : 90 juegos de improvisación teatral / Alfredo Mantovani - 3ª ed. - Barcelona : Octaedro , 2016 - 197 p. : fot. b/n ; 23 cm

Os seus autores Alfredo Mantovani, Borja Cortés, Encarni Corrales, Joserra Leza e Pablo Pundik son actores, improvisadores e docentes de longa traxectoria teatral, especializados en Impro, que se uniron nesta publicación para compartir a súa bagaxe experiencial. Inventar e representar historias en equipo e gozar coa «improturgia», concepto orixinal dos autores desta obra, que se converte no meollo dun traballo divertido e pracenteiro para actores ou afeccionados que queiran explorar o feito teatral desde unha perspectiva lúdica. Inclúe «Testimonios Impro», onde Dani Rovira e un bo puñado de actores e actrices de recoñecido curriculum na improvisación teatral nos achegan as súas vivencias e reflexións ao redor desta arte.

IMPRO é un libro que reúne, en fichas claras e concisas, 90 propostas creativas e xogos con variantes fáciles de aplicar. Tamén inclúe un conxunto de pautas e consellos prácticos de grande utilidade para persoas interesadas na impro e a súa pedagoxía: profesores e grupos de teatro, adestradores, actores e actrices, educadores de diferentes niveis, animadores, estudantes de teatro e ciencias da educación que queiran mellorar a súa formación, así como futuros improvisadores que desexen desenvolver a espontaneidade na aula e a escena.

9788499218694


Arte dramática
Artes escénicas
Teatro
Didáctica
Improvisación

79 792

Coa tecnoloxía Koha