Fernández Paz, Agustín (1947-2016)

Noite de voraces sombras / Agustín Fernández Paz. - 22ª ed. - Vigo : Edicións Xerais , 2022 - 165 p. ; 21 cm. - (Fóra de xogo (Edicións Xerais) ; 64) .

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. A novela de Agustín Fernández Paz aborda o tema da memoria histórica, a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil, o exilio e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Aborda ademais outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.

9788483029107

087.5:821.134.4-31"19"

Coa tecnoloxía Koha