Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Contos sen fronteiras / Xavier Frías Conde e outros

por OLI; Yáñez Casal, Antonio; Frías Conde, Francisco Xavier; Mejuto, Eva; Castelao, Patricia; Frías Conde, Xavier [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Lagarto pintado.Editor: A Coruña :Xunta de Galicia ,2007 Edición: 1 Ed.Descrición: 85 p. :il. ;21cm.Materia(s): Relatos | Emigración | Diversidade | AventurasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
A historia de Carpatín, o monstro comexiz ; O cágado e o lagarto ; O meu amigo Ash ; O rei de Litonia
Resumo: "A historia de Carpatín, o monstro come xiz", por Xavier Frías Conde. O relato é dun monstro que non é aceptado na súa aldea polo que decide ir ao mundo dos humanos. Instálase no cuarto da limpeza nunha escola e descobre o xiz, un alimento que lle encanta. Ante a masiva diminución do xiz, o director da escola reduce o seu uso, polo que o protagonista pasa fame. Un día descóbreo unha nena chamada María, e o monstro vaise asentando na escola e consegue cantar no coro. Unha vez, antes de cantar, comeu xiz e saíulle unha forte voz que asustou a todos. Desta forma decidiu volver ao seu mundo e aterrar a todos cantando. "O cágado e o lagarto", por Eva Mejuto. Este conto é unha historia que relata unha nena chamada Rita a súa amiga chamada Sara, para que poida durmir. Esta narración contoulla no pasado unha coidadora dun orfanato. Sara córtalle todo o rato a Rita porque quere coñecer detalles da súa vida, así que ela acaba falando do seu pasado. "O meu amigo Ash" por Oli. A historia trata dun neno inmigrante que chega a Galicia e se fai amigo dun neno chamado Ash. A medida que a trama transcorre coñécense detalles da vida do rapaz do Senegal e as diferenzas de costumes entre os dous. Insístese no axiña que o rapaz aprende o galego, e ao mesmo tempo, os seus compañeiros palabras da súa lingua natal ou algunha lenda do seu pobo. "O rei de Litonia", por Antonio Yáñez Casal. A derradeira narración é dun rei que non ten conto, e quere buscar un pero non o atopa. Nin os seus súbditos, nin os seus conselleiros, nin se queira no estranxeiro. Un bo día faláronlle ao monarca dun ladrón de cousas que un non conta, e este decidiu chamarlle para que lle roubara un relato. Pero en vez diso, o ladrón levouse a súa obsesión polo seu conto. Deste modo, os seus vasalos libres da obsesión do soberano comezaron a redactar esta historia.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Castro Alobre
Sala préstamo
82-N FRI con 1 Dispoñible PED071000009758

Contos sen fronteiras é un libro de relatos curtos publicado pola Xunta de Galicia en conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil.

A historia de Carpatín, o monstro comexiz ; O cágado e o lagarto ; O meu amigo Ash ; O rei de Litonia

"A historia de Carpatín, o monstro come xiz", por Xavier Frías Conde.
O relato é dun monstro que non é aceptado na súa aldea polo que decide ir ao mundo dos humanos. Instálase no cuarto da limpeza nunha escola e descobre o xiz, un alimento que lle encanta. Ante a masiva diminución do xiz, o director da escola reduce o seu uso, polo que o protagonista pasa fame. Un día descóbreo unha nena chamada María, e o monstro vaise asentando na escola e consegue cantar no coro. Unha vez, antes de cantar, comeu xiz e saíulle unha forte voz que asustou a todos. Desta forma decidiu volver ao seu mundo e aterrar a todos cantando.

"O cágado e o lagarto", por Eva Mejuto.
Este conto é unha historia que relata unha nena chamada Rita a súa amiga chamada Sara, para que poida durmir. Esta narración contoulla no pasado unha coidadora dun orfanato. Sara córtalle todo o rato a Rita porque quere coñecer detalles da súa vida, así que ela acaba falando do seu pasado.

"O meu amigo Ash" por Oli.
A historia trata dun neno inmigrante que chega a Galicia e se fai amigo dun neno chamado Ash. A medida que a trama transcorre coñécense detalles da vida do rapaz do Senegal e as diferenzas de costumes entre os dous. Insístese no axiña que o rapaz aprende o galego, e ao mesmo tempo, os seus compañeiros palabras da súa lingua natal ou algunha lenda do seu pobo.

"O rei de Litonia", por Antonio Yáñez Casal.
A derradeira narración é dun rei que non ten conto, e quere buscar un pero non o atopa. Nin os seus súbditos, nin os seus conselleiros, nin se queira no estranxeiro. Un bo día faláronlle ao monarca dun ladrón de cousas que un non conta, e este decidiu chamarlle para que lle roubara un relato. Pero en vez diso, o ladrón levouse a súa obsesión polo seu conto. Deste modo, os seus vasalos libres da obsesión do soberano comezaron a redactar esta historia.

1º-2º ESO

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha