O dereito á felicidade / José Mujica, Carlo Petrini e Luis Sepúlveda
por Mujica, José [autor/a]
; Petrini, Carlo [autor/a]
; Petrini, Carlo [prologuista]
; Sepúlveda, Luis [autor/a]
; Mediero Mayán, María [tradutor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Castro Alobre Sala préstamo | 1 MUJ der | Dispoñible | PED071000019140 |
|
Soberanía, sindicalismo, maior contacto coa terra, diálogo continuo, militancia, empatía e solidariedade son palabras que se repiten nun discurso potente que soña cun cambio de rumbo. Obviamente ninguén ten a receita para a felicidade, pero as súas ideas e experiencia poden darnos varias chaves.
Carlo Petrini, no limiar que escribiu para a edición en galego (grazas!), resume perfectamente a mensaxe: «Comprometámonos todos, cada quen coas súas forzas e as súas posibilidades, a vivir por ese sentido da vida que tanto se debate neste libro: o deber moral de facer a nosa parte para promover e conseguir que a felicidade se converta nun dereito universal».
Mujica, Petrini e Sepúlveda convídannos a reflexionar sobre o noso dereito a sermos felices, a desfrutar do camiño da vida e a vivirmos por un motivo.
Tres grandes personalidades, fascinantes e carismáticas, reflexionan sobre algnuhas das cuestións sociais máis urxentes partindo do presuposto de que, se hai que vivir por un motivo, ese non pode ser outro que a busca da felicidade: unha felicidade non persoal, senón global, marcada pola empatía e a fraternidade, capaz de abrazar toda a comunidade e recuperar o auténtico sentido do que significa facer política.